
Que é a fobia social?
A fobia social, tamén chamada trastorno de ansiedade social, vai moito máis alá da timidez ou os nervios normais cando imos a unha entrevista, temos que falar en público ou coñecer xente nova.
Trátase dun medo intenso, persistente e irracional ante situacións sociais: medo a ser xulgado, avaliado ou facer o ridículo, mesmo cando non hai unha razón real para iso.
Ese medo pode chegar a afectar significativamente a túa vida: estudos, traballo, amizades, oportunidades ou simplemente o benestar emocional.
Como se manifesta — sinais e síntomas
A fobia social pode manifestarse de moitas formas, tanto no corpo coma na mente. Aquí algúns dos sinais máis habituais:
Síntomas emocionais / psicolóxicos
- Miedo intenso ou ansiedade ante a idea de interactuar con outras persoas ou de que outros che vexan.
- Vergonza, autocrítica, preocupación constante por “facer mal as cousas” ou “dar unha mala imaxe”.
- Evitación de situacións sociais: festas, saídas, relacionarse, falar en público… mesmo ignorar oportunidades importantes por medo.
- Ansiedade anticipatoria: medo ou nervios incluso días antes de ter que asistir a algo social.
Síntomas físicos / corporais
- Sudoración, rubor facial, temblores, palpitacións, tensión, malestar estomacal, náuseas, nerviosismo, ou sensación de “quedarse en branco”.
- En casos máis latentes, a fobia social pode provocar un gran malestar, dificultade para manter relacións, rendemento baixo no cole ou traballo, illamento ou evitación social frecuente.
Non todas as persoas que se senten avergoñadas ou tímidas teñen fobia social. A clave está en que o medo e a ansiedade sexan excesivos, persistentes e interfiran na túa vida diaria.
Por que aparece? — Factores que poden influír
Non sempre hai unha causa clara e única, pero moitas veces a fobia social aparece por unha combinación de factores: xenéticos, biolóxicos, experiencias persoais e ambientais.
Algunhas situacións ou factores de risco:
- Sensibilidade persoal, inseguridade ou baixa autoestima.
- Vivencias de incomprensión, críticas, burlas ou presións sociais en etapas de cambio (como a adolescencia).
- Miedo anticipatorio constante, ansiedade crónica ou predisposición a sobrevaloración do xulgamento alleo.
Que podes facer se cres que te afecta a ti?
No equipo de Miña Mente queremos ofrecerche apoio e guiado. Estas son algunhas ideas e recomendacións que poden axudarche — recorda que buscar axuda profesional sempre é válido e moitas veces necesario:
- Falar con alguén de confianza: compartir as dúbidas ou medos cun amigo, familiar ou profesional axuda a non sentirse só.
- Dar pequenos pasos: non te obrigues a enfrontarte a todo dun golpe. Ir pouco a pouco, respectar os teus límites.
- Coidar o corpo e a mente: descanso, alimentación saudable, actividade física, hobbies que che fagan sentir seguro/a.
- Prácticas de relaxación ou mindfulness: respiración, meditación, actividades creativas ou expresivas que axuden a liberar tensión.
- Buscar apoio profesional: un psicólogo ou outra persoa especializada pode axudarche a entender o que sentes e darte ferramentas para xestionar a ansiedade social.