Quen somos
Somos un espazo seguro creado para acompañar á mocidade no coidado da súa saúde mental. Nacemos coa idea de ofrecer información clara, accesible e rigorosa, ao tempo que construímos unha comunidade onde cada persoa poida sentirse escoitada e apoiada.
O noso equipo está formado por profesionais da psicología, da educación e da comunicación, comprometidos en achegar recursos útiles que axuden a entender mellor o que sentimos, identificar sinais de malestar e atopar ferramentas prácticas para o día a día.
Que facemos
- Explicamos con claridade temas de saúde mental mediante artigos, vídeos e materiais educativos que poidas comprender sen importar o teu nivel de coñecemento previo.
- Ofrecemos ferramentas interactivas de autoavaliación, pensadas para axudarche a reflexionar sobre o teu benestar e atopar recomendacións adaptadas.
- Creamos un espazo de apoio respectuoso e seguro, no que a mocidade pode compartir experiencias sen xuízos e atopar acompañamento.
- Facilitamos o acceso a profesionais e recursos especializados, para que nunca te sintas soa ou só no proceso.
- Damos visibilidade a historias reais, testimonios e consellos a través do noso blog, reforzando a idea de que pedir axuda é un acto de valentía.
Incluímos teléfonos e ligazóns de urxencia sempre á man, porque entendemos que o apoio rápido pode marcar a diferenza
A quen nos diriximos
O noso proxecto está pensado principalmente para a mocidade e para as persoas do seu contorno: familias, amizades, profesorado e calquera persoa interesada en aprender a acompañar mellor.