Buscar axuda profesional mediante:
Diagnósticos
Na nosa sección de diagnósticos podes acceder a ferramentas e recursos pensados para comprender mellor a túa saúde mental. Aquí atoparás cuestionarios e guías que che axudarán a identificar síntomas, reflexionar sobre o teu benestar emocional e buscar o apoio adecuado. O noso obxectivo é ofrecer información fiable e segura para que poidas dar os primeiros pasos cara a unha vida máis equilibrada. Se queres buscar axuda profesional, esta é a túa páxina!
Ansiedade
A ansiedade é unha reacción natural do noso corpo e mente. Un sistema que se activa cando sentimos que estamos ante un perigo ou unha situación difícil. Pode servir como alerta ante cambios, riscos ou desafíos. Por iso buscar axuda profesional é necesario, para atopar o problema canto antes.
Sentirse nervoso ou preocupado antes dun exame, dunha entrevista ou un cambio importante na vida é algo habitual. Pero cando a ansiedade aparece con frecuencia, con intensidade, sen unha razón clara, ou condiciona o día a día, pode pasar de ser algo puntual a converterse nun problema serio.
Para xestionala, é importante buscar apoio en amigos, familiares ou profesionais, coidar o corpo con descanso e actividade física, practicar técnicas de relaxación como respiración consciente ou mindfulness, e non evitar as emocións, aceptando o malestar e pedindo axuda profesional cando a ansiedade limita a vida diaria.
Depresión
A depresión non é simplemente sentirse triste de vez en cando. É un trastorno de saúde mental que pode afectar profundamente como te sentes, pensas e actúas durante un período prolongado. Pode implicar tristeza persistente, perda de interese en actividades que antes gozabas e dificultades para seguir co día a día.
Esta condición pode presentarse en persoas de calquera idade, e non é signo de debilidade nin falta de carácter. A depresión é unha enfermidade real e tratable.
Para xestionala, é importante falar con alguén de confianza, manter rutinas saudables de sono, alimentación e actividade física, practicar técnicas de relaxación ou autocuidado, non illarse e buscar apoio profesional se os síntomas afectan gravemente a túa vida diaria. A depresión é tratable e pedir axuda é un acto de coraxe.
Anorexia e bulimia
Os trastornos da conduta alimentaria (TCA) son condicións serias da saúde mental nas que a relación con comida, corpo e auto‑percepción se altera, xerando medo intenso a engordar, desexo de control absoluto ou episodios de atracón seguidos de compensacións extremas.
Aparecen por unha combinación de factores biolóxicos, psicolóxicos e sociais, como presións culturais, estrés, traumas ou antecedentes familiares.
Se ti ou alguén que coñeces sofre deste problema, é importante falar con alguén de confianza ou un profesional, manter hábitos saudables, evitar dietas extremas, non illarse e buscar apoio profesional. Coidar da saúde física, mental e emocional é fundamental.
Fobia social
A fobia social, tamén chamada trastorno de ansiedade social, vai moito máis alá da timidez ou os nervios normais cando imos a unha entrevista, temos que falar en público ou coñecer xente nova.
Trátase dun medo intenso, persistente e irracional ante situacións sociais: medo a ser xulgado, avaliado ou facer o ridículo, mesmo cando non hai unha razón real para iso.
Ese medo pode chegar a afectar significativamente a túa vida: estudos, traballo, amizades, oportunidades ou simplemente o benestar emocional.
Se cres que te afecta, é importante falar con alguén de confianza, dar pequenos pasos sen forzarte, coidar corpo e mente con descanso, alimentación e actividade física, practicar relaxación ou mindfulness, e buscar apoio profesional para aprender ferramentas que axuden a xestionar a ansiedade social.